COMO SE FAI UN XORNAL?

http://es.slideshare.net/teixopp/xornal-33038771
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2015/03/unidade-didactica-semana-da-prensa.html
Dende Prensa-escola propóñennos sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
2. Estarás informado do que acontece ao teu redor e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non che dean gato por lebre.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importantes e mesmo ¡levarlles a contraria!
5. O xornal será o teu mellor libro de texto: distinto cada día.
6. Converterase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cinema, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga... E moitas máis cousas que de seguro che interesarán.