CONCURSO LOGO

Este curso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quixemos renovar o noso logo e, que mellor que facer partícipes aos nosos alumnos?
Dito e feito. Organizamos un concurso e premiamos aos mellores logos por niveis. Despois, de entre os premiados, seleccionouse o logo que nos representaría e... velaí o resultado!


Por outra banda, todos os participantes tiveron un agasallo: un marcapáxinas chulísimo co novo logo do equipo!

Moitas grazas a todos por participar!!

LETRAS GALEGAS 2017

Este curso, co gallo da celebración do día das Letras Galegas tivemos o honor de contar con dúas visitas excepcionais:
  • O IES CARLOS CASARES de Vigo.
  • O músico PACO NOGUEIRAS. 
Disfrutamos e aprendimos moito coas dúas visitas. Na primeira delas, os alumnos de 1º da ESO do instituto prepararon unhas exposicións, actividades e xogos sobre a figura de Carlos Casares. Estiveron en 10 aulas á vez e supuxo un gran reto de organización. Ao final superamos o reto e conseguimos pasalo ben ao mesmo tempo que aprendimos sobre a figura do autor e a súa obra.



Por outra banda, o concerto de Paco Nogueiras foi alucinante! Comezou con un aura de misterio e curiosidade e rematou por todo o alto, dando brincos, rindo, bailando e pedindo autógrafos. O único que non nos gustou foi a calor, pois case nos estropea o momento máxico que estabamos a vivir!


Revista "A Fontiña" 2017

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas a tódolos participantes na elaboración e difusión da revista escolar "A FONTIÑA", onde se reflexan diferentes traballos, actividades e proxectos realizados ao longo de todo o curso por parte dos alumnos/as do CEIP Chano Piñeiro.

Xornal A VOZ DO CHANO

Durante a semana da prensa e ao longo de todo o mes de marzo, o alumnado do CEIP CHANO PIÑEIRO traballou os diferentes tipos de prensa, coñeceron tipoloxías textuais variadas e manexaron as diferentes seccións dos xornais. De todo ese traballo xurdiu o xornal da escola "A VOZ DO CHANO".

DÍA das LETRAS GALEGAS


Este ano o día das Letras Galegas está adicado ao autor Carlos Casares, gran promotor da lingua galega, lingüista, académico e autor importante sen o cal faise imposible comprender o pulo que a nosa lingua tivo nas últimas décadas.

A continuación adxuntamos MATERIAIS didácticos e de consulta para profesorado e alumnado.

- O PORTAL DA LINGUA GALEGA

- SEMINARIO GALÁN

- PRIMAVERA DAS LETRAS

VÍDEOS e AUDIOS sobre a vida e obra de Carlos Casares:

- BIOGRAFÍA

- AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

- A GALIÑA AZUL

- CANCIÓN A CARLOS CASARES

Actividades de Entroido Online

Por estas datas todos disfrutamos do Entroido en tódolos seus ámbitos, pero para saber máis sobre as tradicións e a nosa cultura recomendámosvos premer no seguinte enlace:

ACTIVIDADES ENTROIDO


XABARÍN TVG

A canle TVG incorpora o seu contido adicado aos máis pequenos do fogar ao mundo dixital. Deste xeito, tedes á vosa disposición a aplicación XABARÍN TVG, tanto para dispositivos Android como iOS (tabletas e móbiles). Dispón de control parental.

Para máis información, premer no seguinte enlace:

XABARÍN TVG